Confederación Nacional do Traballo
organización anarcosindicalista española / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Confederación Nacional do Traballo[1] (CNT; en castelán: Confederación Nacional del Trabajo) é unha unión confederal de sindicatos autónomos de ideoloxía anarcosindicalista de España, adherida á organización de carácter supranacional Asociación Internacional dos Traballadores (AIT). Por este motivo tamén é coñecida co nome de CNT-AIT. É unha organización que xogou un papel moi significativo dentro dos movementos sociais relacionados co anarquismo.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro de 2017) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Confederación Nacional del Trabajo (CNT) | |
---|---|
Sindicato de España | |
Líder | Enrique Hoz (Secretario Xeral) |
Fundación | 1910 |
Sede | Bilbao |
Ideoloxía | Anarcosindicalismo Comunismo libertario |
Filiación internacional | Asociación Internacional dos Traballadores |
Afiliados | 10.000-50.000 |
Delegados sindicais | (A CNT non participa en eleccións sindicais) |
www.cnt.es www.cntgaliza.org |
Fundada o 30 de outubro de 1910 en Barcelona a partir de grupos organizados en torno ó sindicato Solidariedade Obreira, recolleu a testemuña do espírito do movemento anarquista español que se traza desde a creación da Federación de Traballadores da Rexión Española, organización que sucedeu a sección española da Primeira Internacional.
Cun significativo legado histórico e cultural, a CNT continúa hoxe participando no movemento obreiro español baseándose nos principios da autoxestión, o federalismo e a axuda mutua.