Condrocito
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os condrocitos (do grego chondros, cartilaxe + kytos, célula) son as únicas células que se encontran nas cartilaxes. A súa misión é producir e manter a matriz do tecido cartilaxinoso, a cal consta principalmente de coláxeno e proteoglicanos. Aínda que o termo condroblasto aínda se usa bastante para describir a un condrocito inmaturo, o uso dese termo é desaconsellado por ser tecnicamente inexacto, xa que as células proxenitoras dos condrocitos (que son células nai mesenquimáticas) poden tamén diferenciarse en osteoblastos. A organización dos condrocitos na cartilaxe difire segundo o tipo de cartilaxe de que se trate e do lugar onde se localiza o tecido.