Concerto de Aninovo da Wiener Philharmoniker
concerto na mañá do 1 de xaneiro na Sala Dourada do Musikverein de Viena / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Concerto de Aninovo da Wiener Philharmoniker (en alemán: Das Neujahrskonzert der Wiener Philharmoniker) é un concerto que ten lugar cada ano na mañá do 1 de xaneiro na Sala Dourada do Musikverein de Viena (Austria). É transmitido en boa parte do mundo, cunha audiencia potencial de 1.000 millóns de espectadores en 54 países. Cada ano, o mesmo programa é interpretado tamén o 30 de decembro ("ensaio xeral"), e o 31 de decembro como "Concerto de San Silvestre" (Sylvesterkonzert).
Concerto de Aninovo da Wiener Philharmoniker Das Neujahrskonzert der Wiener Philharmoniker | |
---|---|
O Musikverein de Viena, onde cada ano se celebra o concerto. | |
Localización | Viena, Austria |
Anos | 1939- |
Nº edicións | |
Fundadores | |
Data | 1 de xaneiro |
Xénero | Música clásica |
Organizador | Musikverein |
Web oficial | wienerphilharmoniker.at |
Na rede |
A música é, na súa meirande parte, da familia Strauss (Johann Strauss (pai), Johann Strauss (fillo), Josef Strauss e Eduard Strauss). As flores que decoran a sala de concertos do Musikverein son un agasallo anual da cidade de San Remo, Liguria (Italia).
O concerto sempre finaliza con varios bises logo do programa principal (propinas que non están incluídas no programa). Os músicos desexan colectivamente un feliz Aninovo (Prosit Neujahr), e rematan co valse de O Danubio Azul de Johann Strauss fillo, seguido da Marcha Radetzky, de Johannn Strauss pai. Durante esta última obra, a audiencia aplaude ao compás e o director xírase para dirixila, durante breves instantes, en lugar da orquestra. Un quiebro na tradición en tempos recentes foi durante a edición do 2005, dirixida por Lorin Maazel, cando o programa finalizou co valse do Danubio Azul como un sinal de respecto polas vítimas do Terremoto do Océano Índico 2004.