Combinatoria
From Wikipedia, the free encyclopedia
A combinatoria é a parte das matemáticas que estuda a aplicación inxectiva ou bixectiva, unívoca ou biunívoca dun conxunto noutro para esclarecer as súas posibilidades de combinación. O habitual é asocialo a problemas de escoller unha serie de elementos (e ou n) dun conxunto total para localizalos nun número determinado de lugares ou posicións (p) (por exemplo, as posibles localizacións de dúas pezas de xadrez nos escaques dun taboleiro), pero tamén se pode interpretar á viceversa, coma unha escolla un número determinado de veces (p ou r) de entre un grupo total de elementos (e) (como se se escollesen cartas dunha baralla). De calquera xeito, pódese tratar un problema combinatorio coma unha suma de varios experimentos aleatorios individualizables, analizables estatisticamente. É importante traballar cunha terminoloxía clara e explícita, pois é doado cometer erros lingüísticos e malentendidos nas caracterizacións dos problemas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |