Colombo (serie de televisión)
Serie de televisión estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Colombo (en inglés: Columbo) é unha serie de televisión estadounidense creada polos guionistas e produtores Richard Levinson e William Link. Titulada orixinalmente Columbo, en Estados Unidos emitiuse en sete temporadas entre 1971 e 1978, e como telefilmes entre 1989 e 2003. En Galicia emítese dobrada en lingua galega pola TVG. Na serie Peter Falk interpreta o papel do tenente Colombo, un detective de homicidios do Departamento de Policía dos Ánxeles.
Peter Falk, o protagonista de Colombo | |
Formato | Serie policial |
---|---|
Creado por | Richard Levinson e William Link |
Intérpretes | Peter Falk |
País de orixe | Estados Unidos |
Temporadas | 10 |
Episodios | 69 |
Duración | 30 x 73 minutos 39 x 98 minutos |
Canle de orixe | NBC |
Formato de imaxe | Cine |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A serie está estruturada en capítulos independentes nos que a trama se resolve no mesmo capítulo. O tenente Colombo é un insistente policía da brigada criminal dos Ánxeles, caracterizado cunha vella gabardina, o cigarro permanentemente nos beizos ou nas mans, que guía un coche europeo (Peugeot 403) cheo de aboladuras, afeccionado a comer chili con carne. Ás veces aparece acompañado do seu can (un basset hound) e está casado cunha muller á que habitualmente cita nas súas conversas pero á que nunca chega a verse en pantalla.
Ao contrario que nas series policiais nas que a tarefa do detective é descubrir o autor dun crime, o desenvolvemento de cada episodio de Colombo segue o camiño contrario. O punto de partida é un crime do que os espectadores adoitan coñecer o autor, a continuación o enxeño, a persistencia e minuciosidade na investigación de Colombo levan a tecer unha rede que atrapa ao asasino no clímax final.
Colombo componse de 69 entregas, das cales Steven Spielberg dirixiu a primeira da primeira tempada Asasinato polo libro (Murder by the Book), Steven Bochco escribiu o guión deste episodio emitido na NBC o 15 de setembro de 1971.