Clasicismo romántico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Clasicismo Romántico, é un movemento arquitectónico, que pode incluírse dentro do Neoclasicismo, que data de finais do século XVIII e metade do século XIX.
É unha arquitectura burguesa, a burguesía por primeira vez ten real importancia, pois a partir da Revolución Francesa, os burgueses conseguirán poder político con Parlamento e a Cámara dos Comúns.
A muller comeza a ter importancia, e tamén é salientable o dereito ao voto, inda que soamente os ricos son os que o poden exercer.
Os burgueses son os que encargan esta arquitectura.
O clasicismo romántico diferenciase do Neoclasicismo no seu carácter doméstico. Son edificios máis pequenos, onde o máis importante é o confort, o benestar, que é xusto o que valora a burguesía.
Os arquitectos románticos sométense máis á cidade que os "neoclásicos normais", os románticos teñen máis en conta a cidade.