Circuíto de Barcelona-Cataluña
autódromo na poboación de Montmeló, na provincia de Barcelona / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Circuíto de Barcelona-Cataluña (en catalán: Circuit de Barcelona-Catalunya), coñecido tamén como Circuíto de Cataluña ou Circuíto de Montmeló, é un autódromo situado na poboación de Montmeló, na provincia de Barcelona, España. Inaugurado no ano 1991, ten capacidade para 131.000 espectadores, e acolle diversas competicións entre as que destacan o Gran Premio de España de Fórmula 1 e o Gran Premio de Cataluña do MotoGP.
Circuíto de Barcelona-Cataluña | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Inauguración | 1991 |
Outros nomes | |
Carreiras | Fórmula 1; MotoGP; GP2 Series; World Series by Renault; |
Localización | Montmeló (provincia de Barcelona) |
Coordenadas | |
Capacidade | 140.700 espectadores |
Lonxitude | 4,675 km |
Curvas | 16 (9 dereita, 7 esquerda) |
Volta rápida (2021) | 1:18.149 |
Piloto récord | Max Verstappen |
Escudería récord | Red Bull Racing |
Circuíto de Gran Premio (2007–2020) | |
Lonxitude km | 4´655 |
Curvas | 16 |
Récord tempo | 1:18.183 |
Récord piloto | Valtteri Bottas |
Récord equipo | Mercedes |
Récord ano | 2020 |
Circuíto de Gran Premio (2004–2006) | |
Lonxitude km | 4´627 |
Curvas | 16 |
Récord tempo | 1:15.641 |
Récord piloto | Giancarlo Fisichella |
Récord equipo | Renault |
Récord ano | 2005 |
Circuíto de Gran Premio (1995–2003) | |
Lonxitude km | 4´730 |
Curvas | 16 |
Récord tempo | 1:20.143 |
Récord piloto | Rubens Barrichello |
Récord equipo | Ferrari |
Récord ano | 2003 |
Circuíto Orixinal coa chicana Nissan (1994) | |
Lonxitude km | 4´745 |
Curvas | 16 |
Récord tempo | 1:25.155 |
Récord piloto | Michael Schumacher |
Récord equipo | Benetton-Ford |
Récord ano | 1994 |
Circuíto Orixinal (1991-1993) | |
Lonxitude km | 4´747 |
Curvas | 16 |
Récord tempo | 1:20.989 |
Récord piloto | Michael Schumacher |
Récord equipo | Benetton-Ford |
Récord ano | 1993 |
Vista do Circuíto | |
Debido a que é un dos circuítos máis utilizados para os ensaios dos diferentes equipos de Fórmula 1, a gran maioría dos pilotos está moi familiarizados co mesmo.
O Circuíto de Barcelona-Cataluña é unha instalación pública, cuxa titularidade pertence á Generalitat de Cataluña. Está xestionado polo Real Automóbil Club de Cataluña (RACC).
O circuíto sufriu unha pequena remodelación a principios de 2007, ao introducirse unha chicana na curva do estadio, reducindo a velocidade desa curva. A escapatoria desa chicana é de asfalto, a diferenza das típicas escapatorias de grava, e instalaron un sistema novo de absorción de impactos, que aseguran a integridade do piloto ata velocidades de 200 km/h.