Ciencias da computación
ciencia dedicada á computación e ao procesado de información / From Wikipedia, the free encyclopedia
As ciencias da computación ou ciencias computacionais son aquelas que abarcan as bases teóricas da información e a computación, así como a súa aplicación en sistemas computacionais.[1][2][3] O corpo do coñecemento das ciencias da computación é frecuentemente descrito como o estudo sistemático dos procesos algorítmicos que describen e transforman información: a súa teoría, análise, deseño, eficiencia, posta en funcionamento e aplicación.[4]
É o estudo sistemático da factibilidade, estrutura, expresión e mecanización de procedementos metódicos (ou algoritmos) que subxacen na adquisición, representación, procesamento, almacenamento, comunicación e acceso á información se dita información está codificada en forma de bits nunha memoria de computadora ou especificada nunha estrutura de xenes e proteínas nunha célula biolóxica.[5]
Existen diversos campos ou disciplinas dentro das ciencias da computación ou ciencias computacionais; algúns resaltan os resultados específicos do cómputo (como os gráficos por computadora), mentres que outros (como a teoría da complexidade computacional) relaciónanse con propiedades dos algoritmos usados ao realizar cómputo e outros enfocanse nos problemas que requiren a posta en funcionamento de sistemas computacionais. Por exemplo, os estudos da teoría de linguaxes de programación describen un cómputo, mentres que a programación de computadoras aplica linguaxes de programación específicos para desenvolver unha solución a un problema computacional específico. Un científico da computación ou computólogo especialízase en teoría da computación e no deseño e posta en funcionamento de sistemas de computacionais.[6]
Segundo Peter J. Denning, a cuestión fundamental en que se basea a ciencia da computación é: «Que pode ser (eficientemente) automatizado?».[7]