Chris Bosh
baloncestista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Christopher Wesson Bosh, nado o 24 de marzo de 1984 en Dallas, Texas, é un xogador americano de baloncesto profesional.
Axente libre | |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 24 de marzo de 1984 (40 anos) Dallas, Texas |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 107 kg (235 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Lincoln HS (Dallas, Texas) |
Universidade | Georgia Tech (2002-2003) |
NBA Draft | 2003 / Rolda: 1 / Elección: 4 Por Toronto Raptors |
Carreira | dende 2003 |
Historial de equipos | |
Toronto Raptors (2003–2010) Miami Heat (2010–2017) | |
Premios e galardóns | |
2× Campión da NBA (2012, 2013) 9× NBA All-Star (2006-2014) 2º Equipo All-NBA (2007) 1º Equipo de Rookies (2004) | |
Información en nba.com |
Na súa época no instituto foi nomeado "Mr. Basketball" en Texas, e deixou a universidade de Georgia Tech despois de xogar unha tempada para entrar no Draft da NBA de 2003. Foi seleccionado na cuarta posición polos Toronto Raptors nunha promoción moi competitiva. En Toronto, converteuse nunha das novas estrelas da liga. Alí se converteu no xogador franquía dos Raptors, foi elixido 5 veces All-Star, foi incluído unha vez no segundo equipo All-NBA, e xogou coa selección dos Estados Unidos, coa cal gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008. Na tempada 2006-07, Bosh levou ós Raptors á súa primeira clasificación para Playoffs en cinco anos, e ó seu primeiro título de división da historia. Deixou Toronto en 2010 coma líder histórico da franquía en puntos, rebotes, tapóns, dobres-dobres, tiros libres intentados e anotados, e minutos xogados.
Na súa etapa en Miami foi elixido All-Star noutras catro ocasións e chegou a tres Finais da NBA. Na primeira ocasión, na 2010-11, perderon 4-2 contra os Dallas Mavericks; na segunda, Bosh gañou o seu primeiro título da NBA con Miami, despois de gañar ós Oklahoma City Thunder por 4-1, na tempada 2011-12; na terceira ocasión, na tempada 2012-13, conseguiu o seu segundo anel consecutivo despois de que os Heat gañaran por 4-3 ós San Antonio Spurs.