Cetrería
From Wikipedia, the free encyclopedia
A cetraría, ou cetrería,[1] é a actividade de cazar con aves rapaces adestradas, especialmente con falcóns, azores e outras aves de presa para a captura de especies de aves. O humano captura e liga á ave de presa ao propio home, por reflexos condicionados, e a adestra na caza e na fidelidade. A súa ave captura entón outras aves ou calquera outro tipo de presa, xeralmente cuadrúpedes pequenos ou medianos, como coellos ou lebres.
A cetrería, un patrimonio humano vivo | |
---|---|
A aguia é moi usada en cetrería | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Europa, Estados árabes e Asia e Pacífico |
Localización | N/D |
Tipo | inmaterial |
Criterios | Criterios |
Inscrición | N/D |
Identificador | {{{ID}}} |
A cetrería foi unha práctica moi estendida na Idade Media, ligada á nobreza e aos potentados. Acabou decaendo polo progreso das armas de fogo e a maior vistosidade e festividade que se podía ofrecer coas partidas de caza maior, especialmente a montaría.
O 16 de novembro de 2010, a Unesco declarouna Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade,[2] nunha candidatura multinacional de Arabia Saudita, Bélxica, República Checa, Corea do Sur, Emiratos Árabes Unidos, España, Francia, Marrocos, Mongolia, Qatar e Siria. O 6 de decembro de 2012 uníronse a esta candidatura Austria e Hungría.[3], e o 30 de novembro de 2016 adheríronse tamén Alemaña, Italia, Casaquistán, Paquistán e Portugal.[4]