Centros clandestinos de detención
Argentina / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os centros clandestinos de detención ou CCD foron as instalacións secretas empregadas polas forzas armadas e de seguridade para executar o plan sistemático de desaparición de persoas da ditadura autodenominada Proceso de Reorganización Nacional na Arxentina.
- Artigo principal: Guerra sucia na Arxentina.
As Forzas Armadas clasificaban os CCD en dous tipos:
- Lugar de Reunión de Detidos (LRD): tiñan unha organización máis estábel e estaban preparados para aloxar, torturar e asasinar a grandes cantidades de detidos.
- Lugar Transitorio (LT): tiñan unha infraestrutura precaria e estaban destinados a funcionar como un primeiro lugar de aloxamento dos detidos-desaparecidos.
O plan do goberno de facto, que exerceu o poder na Arxentina entre o 24 de marzo de 1976 e o 10 de decembro de 1983, formaba parte das operacións de contrainsurxencia clandestinas, comezadas poucos anos antes, no marco do Operativo Independencia, para eliminar a disidencia política. Operativos similares leváronse a cabo noutros países da rexión, co apoio expreso do goberno dos Estados Unidos, interesado en promover a toda costa o control do comunismo e outras correntes ideolóxicas opostas ao seu bando na guerra fría.