Celos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os celos son unha emoción tipicamente referida a pensamentos e sentimentos negativos de inseguridade, medo e/ou ansiedade sobre unha perda anticipada de algo de gran valor persoal, particularmente referido a unha relación humana.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2014.) |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde marzo de 2020.) |
Os celos, polo xeral, consisten nunha combinación de emocións como o resentimento, a xenreira, o desgusto,...
Orixinalmente, os celos teñen un significado diferente de envexa, aínda que os dous termos adquiriron a calidade de sinónimos polo seu uso popular na linguaxe falada. Os celos son unha experiencia concreta percibida nas relacións humanas e foron observadas en nenos cunha idade a partir de cinco meses.
Mentres que algunha xente di que os celos son comúns en todas as culturas, outros afirman que esta emoción é un fenómeno cultural específico.
Os celos, polo xeral, son reforzados por unha serie de sentimentos fortes e particulares e están considerados como unha experiencia humana universal; foron representados nunha gran cantidade de obras artísticas. Os psicólogos teñen proposto varios modelos dos procesos subxacentes dos celos e teñen identificado varios factores que poden desembocar nese sentimento. Os sociólogos demostraron que as crenzas e os valores culturais xogan un importante papel para determinar que é o que desencadea nos celos e cales son as expresións de celos socialmente aceptadas. Os biólogos identificaron factores que poden influenciar, de maneiras inconsciente, na expresión dos celos. Os artistas teñen explorado o tema dos celos mediante fotografías, pinturas, cancións, xogos, poemas e libros. Os teólogos teñen ofrecido os seus puntos de vista relixiosos acerca dos celos, baseados nas escrituras das súas respectivas crenzas.