Catanduanes
From Wikipedia, the free encyclopedia
Catanduanes é unha illa provincia situada na rexión de Bicol de Luzon en Filipinas. É a 12ª illa máis grande de Filipinas. A súa capital é Virac, e a provincia atópase ao leste de Camarines Sur ao outro lado da Canle de Maqueda. Tiña unha poboación de 260.964 habitantes rexistrados no censo de 2015.
Catanduanes | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Filipinas |
Mar | `Mar de filipinas |
Coordenadas | 13°50′N 124°15′L |
Xeografía | |
Superficie | 1.492´16 km² |
Perímetro | 400 km. |
Punto máis alto | 803 m. Monte Cagmasoso |
Demografía | |
Capital | Virac |
Poboación | 260.964 (2015) |
A provincia comprende a Illa de Catanduanes (tamén chamada Illa de Virac), a illa de Panay, a illa Lete, o grupo de illas Palumbanes (Porongpong, Tignob e Calabagio) e algúns outros pequenos illotes circundantes e rochas.
Catanduanes era unha sub-provincia de Ambos Camarines na década de 1900s e máis adiante de Albay. Gañou a autonomía provincial cando o congresista Francisco Perfecto promoveu o "House Bill Nº 301" que separou a provincia de Albay. Foi aprobado o 26 de setembro de 1945 e subsecuentemente asinado como lei por Sergio Osmeña o 24 de outubro de 1945. Remigio Socito, o último Tenente Gobernador, foi designado como o primeiro Gobernador Provincial. Cando se celebraron as eleccións en 1947, Alfonso V. Usero converteuse no primeiro gobernador elixido.