Castelán canario
variedade do castelán falado nas Canarias / From Wikipedia, the free encyclopedia
O castelán canario ou fala canaria é a modalidade do castelán propia e convencional das illas Canarias, empregada polos arredor de dous millóns de falantes que habitan o devandito arquipélago atlántico. Trátase dunha variedade dialectal encadrada dentro do que se chamou «modalidade atlántica», semellante ás da América castelanfalante, e tamén ás do sur da Península Ibérica, especialmente Andalucía occidental.
Castelán canario | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Dialecto canario | |
Falado en: | Illas Canarias | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Occidental Galoibérica Iberorrománica Ibero-occidental Castelán Castelán canario | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Illas Canarias | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | es | |
ISO 639-2: | spa | |
ISO 639-3: | spa
| |
SIL: | SPN
| |
Mapa | ||
Status | ||
| |||||
Problemas coa escoita deste ficheiro? Vexa a páxina de axuda. |
A situación xeográfica das Canarias, que converteu ao arquipélago nun histórico lugar de paso e ponte entre culturas, motivou a presenza de termos de orixe inglesa, francés ou árabe, así como de procedencia americana. Tamén os aborixes canarios que poboaron as illas con anterioridade á súa conquista deixaron a súa pegada no vocabulario insular.[1]
O dialecto máis semellante ao canario, dado o vínculo histórico entre ámbalas dúas zonas, é o dialecto caribeño, falado en Cuba, Porto Rico, a República Dominicana e a costa do mar Caribe (Venezuela, o norte de Colombia e Panamá). Ademais, lexicamente, o dialecto canario está amplamente influenciado polo portugués, do que deriva certa parte do seu léxico.[2]