Caseína
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
As caseínas (do latín caseus, "queixo") son unha familia de fosfoproteínas, que comprenden os tipos αS1, αS2, β, e κ. Estas proteínas encóntranse comunmente no leite dos mamíferos, e supoñen ata o 80% das proteínas do leite de vaca e entre o 20% e o 45% no leite humano.[1] A caseína ten moitas aplicacións, desde ser o principal compoñente do queixo, a utilizarse como aditivo alimentario, ou como aglutinante na industria.[2] Como alimento a caseína fornece aminoácidos, carbohidratos, e dous elementos inorgánicos, calcio e fósforo.