Carta aos gálatas
libro do Novo Testamento / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Carta aos gálatas é unha epístola paulina que forma parte do Novo Testamento da Biblia cristiá. Nesta carta, Paulo de Tarso, nunha linguaxe ardorosa e directa, reafírmase na tese de que a salvación do cristián é un don de Deus que se obtén pola fe en Cristo e non polo cumprimento da lei mosaica. Esta idea, tamén presente na posterior Carta aos romanos, tivo renovada influencia durante a Reforma protestante de Martiño Lutero. Ademais, a Carta aos gálatas aporta datos autobiográficos sobre Paulo de Tarso.