Carmesí
From Wikipedia, the free encyclopedia
O carmesí,[2] é unha cor que corresponde especificamente á coloración do po que resultaba de triturar os corpos secos das femias do insecto chamado quermes (Kermes vermilio),[3] que se recollían principalmente dos arbustos Quercus coccifera, e que se comercializaba nos países mediterráneos como pigmento para tinguir teas.
Carmesí | |
---|---|
Coordenadas de cor | |
Triplete hexadecimal | A51C30 |
Orixe | Carmesí (crimson), cor oficial da Universidade Harvard, baseado en Pantone 187.[1] |
Tamén se chamaron "carmesí" ás cores subministrados pola tintura do quermes —que se asemella ao "carmín" das pinturas artísticas que hoxe en día se comercializan baixo esa denominación de cor— e os panos de seda ou de la tinguidos de cor escarlata nos que, polo xeral, se empregaba como mordente alume, e se tinguían con carmesí. Máis amplamente, por carmesí pode entenderse a cor escarlata ou calquera tea tinguida de vermello vivo.[3]