Carlos II de España
rei de Castela e de Aragón / From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos II de España, chamado «o Enfeitizado», tamén coñecido como Carlos II de Habsburgo,[1] nado en Madrid, España o 6 de novembro de 1661 e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 1700), foi Rei de España[2] entre 1665 e 1700, último da Casa de Austria. Fillo e herdeiro de Filipe IV e de Mariana de Austria, permaneceu baixo a rexencia da súa nai ata que alcanzou a maioría de idade en 1675. O seu alcume víñalle da atribución do seu lamentable estado físico á bruxería e influencias diabólicas. Parece ser que o sucesivos matrimonios consanguíneos da familia real produciron tal dexeneración que Carlos creceu raquítico, enfermizo e de curta intelixencia, ademais de estéril (sospéitase que sufría a síndrome de Klinefelter),[3] o que carreou un grave conflito sucesorio, ao finar sen descendencia e extinguirse así a rama española dos Austrias.[4]