Capricornio (astroloxía)
décimo signo astrolóxico do zodíaco / From Wikipedia, the free encyclopedia
Capricornio[1] (♑︎) é o décimo signo astrolóxico do zodíaco, o quinto de natureza negativa (feminina) e de calidade cardinal.[2][3] Simboliza a sabedoría e as augas polo deus primordial dos sumerios: Enki; o seu símbolo representa a montaña, pertencendo xunto a Touro e Virxe ó elemento terra.[4] Está rexido por Saturno e dentro desa triloxía de Terra representa a sementeira. O seu signo oposto é Cáncer.[5]
Datos rápidos Símbolo zodiacal, Duración (Tropical) ...
Capricornio | |
---|---|
Símbolo zodiacal | A cabra mariña |
Duración (Tropical) | 22 de decembro - 20 de xaneiro (2024, UTC) |
Duración (Sideral, hindú) | 15 de xaneiro - 13 de febreiro (2024, UTC) |
Constelación | Capricornus |
Elemento | Terra |
Calidade zodiacal | Cardinal |
Domicilio | Saturno |
Detrimento | Lúa |
Exaltación | Marte |
Caída | Xúpiter |
Pechar
O símbolo astrolóxico presenta un animal híbrido: unha cabra con cola de peixe ou monstro mariño. A cola de peixe simboliza as augas nutritivas onde nace o ser para elevarse ó máis alto grao de espiritualidade. Representa o alicornio co seu único corno protuberante sobre a testa, semellante a unha lanza.[6]