Canaán
Antiga rexión de Oriente Próximo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Canaán[1] (en fenicio 𐤊𐤍𐤏𐤍, knʕn; en hebreo: כְּנַעַן , kanaʕan; en árabe کنعان, kanaʕān; en grego Χαναάν, Khanaán) é a denominación antiga dunha rexión de Asia Occidental, situada entre o mar Mediterráneo e o río Xordán e que abrangue parte da franxa sirio-fenicia coñecida tamén coma o Crecente fértil. En 2016 correspóndese co Estado de Israel, a Franxa de Gaza e Cisxordania, xunto coa zona occidental de Xordania e algúns puntos de Siria e o Líbano. As súas estremas comportarían dende a antiga Gaza ao Sur, deica a foz do río Orontes ao Norte, englobando todas as terras non desérticas do interior, até unha profundidade duns 150 km dende a beiramar Mediterránea, deica algúns quilómetros máis aló da ribeira oriental do río Xordán.
Datos rápidos Nomeado en referencia a, Localización ...
𐤊𐤍𐤏𐤍 (phn) | |||||
Nomeado en referencia a | Canaã (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Pechar