Campionato Mundial de Turismos
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato Mundial de Turismos (en inglés: World Touring Car Championship, e abreviadamente WTCC) é unha competición internacional de automobilismo disputada con automóbiles de turismo que está organizada pola Federación Internacional do Automóbil. Actualmente é a terceira competición de máis importancia organizada pola FIA, logo da Fórmula 1 e Fórmula E e do Campeinato do Mundo de Rally (WRC).
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Noss últimos anos, as marcas participantes neste campionato foron BMW, Chevrolet, Lada, SEAT e Honda. Os automóbiles teñen que ser do Segmento C ou D e deben cumprir coa homologación Super 2000.
A finais do ano 2013, Citroën anunciou que competiría na tempada 2014. Actualmente, o WTCC dispútano catro marcas de coche diferentes: Citroën co Citroën C-Elysée, Chevrolet co Chevrolet Cruze, Honda co seu Honda Civic IX e a marca rusa Lada co Lada Granta.