Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2004
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2004 é o campionato anual número 55 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 18 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 7 de marzo, e rematou o 24 de outubro.
Tipo | Fórmula 1 |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Número de participantes | 25 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 7 de marzo de 2004 – 24 de outubro de 2004 |
Número de edición | 55 (2004) |
Competición | |
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | Michael Schumacher |
Campionato do Mundo de Construtores | Scuderia Ferrari |
Datos estatísticos | |
Carreires | 18 |
A tempada estivo dominada por Michael Schumacher e a Scuderia Ferrari Marlboro. Tamén foi notable o éxito de BAR e Renault, así como o baixo rendemento de Williams e McLaren.
Foi a quinta e sexta tempada consecutiva, que Ferrari gañou o título de construtores e pilotos, respectivamente. Michael Schumacher dominou desde o comezo do ano ao acadar unha marca de 12 carreiras gañadas nas primeiras 13, conseguindo unha marca de 13 carreiras nunha tempada, superando a súa anterior marca de 11, establecida en 2002, e tamén facilmente alcanzou o sétimo e o seu último campionato de pilotos. Rubens Barrichello quedou nun sólido segundo lugar, gañando dous das catro últimas carreiras. Jenson Button, a pesar de non gañar ningún Gran Premio, terminou en terceiro lugar, conseguindo dez podios e unha pole position. Xunto con seu compañeiro de equipo o xaponés Takuma Sato, BAR impresionou por terminar segundo detrás de Ferrari.
Catro dos dez equipos eran filiais de grandes empresas de automóbiles (Ferrari, Renault, Jaguar e Toyota) e unha era unha división dunha compañía de tabaco (BAR). Williams e McLaren, os dous equipos de propiedade privada, tiñan acordos con empresas de automóbiles máis importantes para a produción de motores, BMW e Mercedes-Benz, respectivamente, e Honda producía os motores de BAR. Os últimos tres equipos, Jordan, Sauber e Minardi, tamén de propiedade privada, tiñan un patrocinio menor, e polo tanto tendían a terminar na parte traseira da grella. Sauber era de propiedade privada, pero recibía os motores Ferrari baixo o nome de Petronas, e tamén recibiu o patrocinio de Petronas.
Esta tempada o equipo Minardi logrou os seus primeiros puntos desde a tempada de 2002, onde Zsolt Baumgartner terminou nunha afortunada oitava praza no Gran Premio dos Estados Unidos de 2004.
O Gran Premio do Canadá de 2004 foi unha carreira moi espectacular. En primeiro lugar, Timo Glock substituía a Giorgio Pantano nesta carreira, debido a circunstancias persoais de Pantano. Entón, Williams e Toyota foron excluídos da carreira debido a unha irregularidade nos condutos dos freos. Iso significou que o equipo Jordan foi o principal beneficiario das descualificacións, con Nick Heidfeld e Timo Glock puntuando. Sobre todo, Timo Glock que anotou dous puntos no seu debut na F1. Logo xusto antes do Gran Premio da China de 2004, Giorgio Pantano foi destituído polo equipo Jordan e Timo Glock substituíuno nas últimas 3 carreiras.
Ralf Schumacher tivo unha tempada difícil. Sufriu un violento accidente durante o Gran Premio dos Estados Unidos de 2004 e estivo fóra de acción por 6 carreiras. Marc Gené e Antonio Pizzonia substituírono durante a súa ausencia.
A relación de Jarno Trulli co equipo Renault volveuse agre logo da súa primeira vitoria no Gran Premio de Mónaco de 2004. Non terminou a tempada e deixou ao equipo despois do Gran Premio de Italia de 2004, esa carreira tamén foi a última de Pantano no equipo Jordan. O ex campión do mundo Jacques Villeneuve substituíu a Jarno Trulli nas 3 últimas carreiras. Trulli perdeu o Gran Premio da China de 2004, pero regresou no Gran Premio do Xapón de 2004 e no Gran Premio do Brasil de 2004 co equipo Toyota. Iso significou que o Gran Premio do Xapón de 2004 fose a primeira carreira de Jarno Trulli co novo equipo.
A serie de malos resultados de Cristiano da Matta durante a tempada levou á súa substitución polo piloto de probas Ricardo Zonta a partir de Hungría, excepto no Gran Premio do Xapón de 2004. Da Matta non volveu a competir de novo con Toyota e en 2005 regresou as carreiras de Champ Car legando que a F1 non era o suficientemente competitiva.
Esta foi a última tempada de Olivier Panis, decidiu retirarse logo do Gran Premio do Xapón de 2004. Pero quedou co equipo Toyota como piloto de probas.
Tamén foi a última tempada do equipo Jaguar e o fabricante do motor Ford na F1, xa que anunciou que se retiraría da Fórmula Un ao final da tempada.
Esta tempada todos os equipos anotaron polo menos un punto no Campionato do Mundo.
A partir da tempada 2004, a todos os equipos que non terminaban entre os catro primeiros do Campionato Mundial de construtores do ano anterior permitíaselles correr cun terceiro coche nos adestramentos libres do venres antes dun Gran Premio para propósitos de proba. Outros equipos tiñan pilotos de probas, a pesar de que non se lles permitia competir nos adestramentos do venres. Sauber decidiu non presentar ao seu terceiro piloto na práctica debido aos gastos adicionais.