Campionato Británico de Fórmula 3
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato Británico de Fórmula 3, tamén chamado Fórmula 3 Británica (en inglés: British Formula Three Championship), foi un dos campionatos de Fórmula 3 máis importantes do mundo. Disputábase principalmente en Gran Bretaña, aínda que con algunha carreira no estranxeiro. O campionato unificado non existiu ata o ano 1979, xa que nalgunha ocasión houbo ata tres campionatos simultáneos.
Dende o ano 1984 disputouse tamén unha serie acompañante á principal, denominada Classe Nacional.
O campionato foi obxectivo dos mellores pilotos escandinavos e latinoamericanos, ademais dos anfitrións. Isto ocorreu porque, ao estar a maioría das sedes de equipos de F1 no país británico, o contacto entre pilotos e equipos era moito máis sinxelo. Neste campionato participaron famosos pilotos da Fórmula 1 como: Jim Clark, Jackie Stewart, Emerson Fittipaldi, Nelson Piquet, Ayrton Senna, Mika Häkkinen, Rubens Barrichello ou Daniel Ricciardo.