Campá
instrumento musical de percusión / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha campá ou sino[1] é un instrumento que consiste nunha peza oca xeralmente de bronce con forma aproximada de cono sen vértice que ao ser golpeado polo badalo que ten no interior ou por un martelo exterior produce un son máis ou menos grave ou agudo dependendo do seu tamaño.
É un instrumento de percusión e un idiófono. O instrumento de percusión pode ser unha lingueta suspensa dentro do sino, (chamada badalo se interna é martelo se externa), dunha esfera pequena, libre, incluída dentro do corpo do sino, ou dun mallo separado.
As campás adoitan estar feitas de bronce, mais se son pequenas poder ser tamén de cerámica ou de vidro. Ademais poden ser de calquera tamaño, dende accesorios minúsculos até as campás das igrexa que poden pesar toneladas.