Camaleño
From Wikipedia, the free encyclopedia
Camaleño é un municipio situado no linde occidental da comunidade Autónoma de Cantabria (España), na comarca de Liébana. Limita polo sur con Vega de Liébana, polo leste con Potes, polo norte e leste con Cillórigo de Liébana, polo noroeste co concello asturiano de Cabrales e polo oeste cos municipios leoneses de Posada de Valdeón e Boca de Huérgano. Atópase no val homónimo, coñecido tamén como Valdebaró.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital | Camaleño (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 963 (2023) (5,95 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 161,8 km² | ||||
Altitude | 400 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Oscar Casares Alonso (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39587 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39015 | ||||
Páxina web | aytocamaleno.org |
As actividades económicas principais de Camaleño son a gandaría, a agricultura e tamén o sector servizos, grazas aos visitantes que recibe esta pequena poboación pola súa situación no Parque nacional dos Picos de Europa, ademais da súa gastronomía e a seu patrimonio artístico.
Da actividade gandeira obtéñense os Quesucos de Liébana con Denominación de Orixe, e para a fabricación do augardente lebaniego recóllese o té do porto, nos portos de Áliva (Picos de Europa) a onde se sobe no popular teleférico de Fuente Dé.
Cabe destacar que Camaleño alberga o Mosteiro de Santo Toribio de Liébana, un dos cinco lugares santos da cristiandade; sendo unha Cidade Santa, por ter o que a tradición católica considera o maior cacho da cruz de Xesucristo.
O patrimonio natural, como xa se comentou, ten como gran protagonista os Picos de Europa, pero o concello tamén é atravesado polo río Deva, que nace no dito macizo montañoso e recolle as augas de varios afluentes ao seu paso por Camaleño.