Caio César
From Wikipedia, the free encyclopedia
Caio César, ou Gaio César,[Nota 1] nado como Caio Vipsanio Agripa (en latín, Gaius Vipsanius Agrippa) en Roma o 20 a. C. e finado en Limira, Licia, o 21 de febreiro do 4 d. C., foi un neto e herdeiro ao trono do emperador romano Augusto, xunto ao seu irmán máis novo Lucio César. Aínda que era fillo de Marco Vipsanio Agripa e Xulia, a única filla de Augusto, Caio e mailo seu irmán máis novo, Lucio César, foron criados polo seu avó como fillos adoptivos e coherdeiros do imperio.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (la) Gaius Vipsanius Agrippa 20 a. C. Roma Antiga |
Morte | 21 de febreiro de 4 (22/23 anos) Licia |
Lugar de sepultura | Mausoleo de Augusto |
Senador romano | |
Gobernador romano | |
Cónsul romano | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | político , militar |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Lingua | Lingua latina |
Familia | |
Familia | Dinastía Xulio-Claudia, Vipsanii Agrippae (en) e César (família) (pt) |
Cónxuxe | Livia Júlia |
Pais | Marco Vipsanio Agripa e Octavio Augusto e Xulia a Maior |
Irmáns | Vipsânia Marcela (pt) , Agripina (pt) , Vipsania Agripina, Júlia, a Jovem (pt) , Lucio César, Agripa Póstumo (pt) , Tiberillus (en) , Vipsania (esposa de Varo) e Vipsania Attica (en) |
Experimentou unha carreira política acelerada propia dun membro da dinastía Xulio-Claudia, co Senado romano permitíndolle avanzar na súa carreira sen ocupar antes unha cuestura ou pretura, cargos que os senadores comúns debían ocupar como parte do cursus honorum.[1]
No 1 a. C., Caio recibiu o mando das provincias orientais, tralo cal concluíu un tratado de paz co rei Fraates V de Partia nunha illa do Éufrates. Pouco despois, foi nomeado como cónsul para o ano seguinte, 1 d.C. e o ano posterior ao do consulado de Caio, Lucio morreu en Massalia no mes de agosto. Aproximadamente dezaoito meses despois, Caio morreu dunha enfermidade en Licia. Estaba casado coa súa prima segunda Livila pero non tiveron fillos. No ano 4, trala morte de Caio e Lucio, Augusto adoptou ao seu fillastro, Tiberio, así como ao seu único neto sobrevivente, Póstumo Agripa.