Cafarnaún
From Wikipedia, the free encyclopedia
Capernaum ou Cafarnaún (en hebreo: כְּפַר נָחוּם [Kəfar Nāḥūm], "pobo de Nahum") é un antigo poboado situado en Galilea, hoxe Israel, nas ribeiras do mar de Galilea, tamén chamado lago Tiberiades ou Kineret. É coñecida polos cristiáns como "a cidade de Xesús". Nomeada no Novo Testamento, foi un dos lugares elixidos por Xesús de Nazaret para transmitir a súa mensaxe e realizar algúns dos seus milagres. Está situada a 2,5 km de Tabgha e a 15 km da cidade de Tiberías, na marxe noroeste do lago.
E entraron en Cafarnaún; e os días de repouso, entrando na sinagoga, ensinaba.San Marcos 1, 21
- Entrou Xesús outra vez en Cafarnaún despois dalgúns días; e oíuse que estaba na casa.
San Marcos 2, 1
Datos rápidos Localización, Xeografía ...
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Israel | |||
Distrito (pt) | Distrito Norte (pt) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 1.728 | |||
Bañado por | Mar de Galilea | |||
Creación | século II a. C. | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Pechar
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |