Cabo Cod
From Wikipedia, the free encyclopedia
O cabo Cod (Cape Cod en inglés), coñecido popularmente en inglés como the Cape (o cabo), e denominado cabo de Keel polos antigos exploradores nórdicos, é unha península no extremo oriental do estado de Massachusetts, no nordeste dos Estados Unidos. O seu territorio coincide co condado de Barnstable. Moitas pequenas illas achegadas, incluíndo Monomoy, Monmoscoy, Popponesset e Seconsett, pertecen tamén ao condado, como parte dos municipios do cabo. As pequenas vilas e a extensa fronte marítima atraen masivamente ao turismo durante os meses de verán.
A península de Cabo Cod formouse como a morena terminal dun glaciar, resultando nunha península sobre o océano Atlántico. En 1914, construíuse o canal de Cabo Cod, que cortou o istmo, pero aínda hoxe é definido como península polos xeógrafos, que non cambian de criterio por modificacións artificiais do territorio.
Os vehículos poden cruzar ao cabo polas pontes Sagamore e Borunes, o último situado no extremo suroeste. Ademais, cóntase cunha ponte ferroviaria que permite o transporte de cmercadorías e pasaxeiros.