Círculo máximo
intersección dunha esfera e un plano que a travesa polo seu centro / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un círculo máximo[1] é o círculo resultante dunha sección realizada a unha esfera mediante un plano que pasa polo seu centro e a divida en dous hemisferios; a sección circular obtida ten o mesmo diámetro que a esfera.
A distancia máis curta entre dous puntos da superficie dunha esfera sempre é o arco de círculo máximo que os une.