Cædwalla de Wessex
From Wikipedia, the free encyclopedia
Caedwalla (Cædwalla), nado en 659 e finado o 20 de abril de 689, foi Rei de Wessex desde o ano 685 aproximadamente ata que abdicou no ano 688.
Nome orixinal | (ang) Cædwalla |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 659 |
Morte | 20 de abril de 689 (29/30 anos) Roma |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro Roma |
Rei de Wessex | |
685 – 688 ← Centwine de Wessex – Ine de Wessex → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Día de festividade relixiosa | 20 de abril |
Familia | |
Familia | Casa de Wessex (pt) |
Cónxuxe | Cynethryth |
Pai | Cenberht (en) |
Irmáns | Mul de Kent |
O seu nome deriva do nome britano Cadwallon. Foi exiliado de Wessex; durante o seu exilio, reuniu un exército e atacou Sussex e matou o seu rei Ethelwealh de Sussex. Con todo, Caedwalla foi incapaz de manter o territorio, e foi expulsado polos partidarios de Aethelwealh. En 685 ou 686 retornou a Wessex e finalmente converteuse en rei. É posible que eliminase a varios dos seus rivais dinásticos, xa que algúns rexistros informan de que Wessex estaba gobernado por varios reis ata a chegada de Caedwalla.
Tras o seu ascenso en Wessex, Caedwalla regresou a Sussex e conquistouno novamente, ocupando así mesmo a Illa de Wight, eliminando as dinastías que alí reinaban e convertendo aos seus habitantes ao cristianismo a punta de espada. Obtivo o control de Surrey e do Reino de Kent, e no 686 instaurou ao seu irmán Mul como rei de Kent. Un ano despois, Mul foi queimado durante unha revolta, polo que Caedwalla regresou a Kent e gobernouno directamente durante un tempo.
Caedwalla foi ferido durante a conquista da Illa de Wight, e quizais esta foi a razón pola que abdicou no ano 688 para viaxar a Roma para o seu bautismo e posterior morte. Chegou a Roma en abril de 689 e foi bautizado o sábado anterior a Semana Santa, morrendo dez días despois, o 20 de abril 689. Foi sucedido polo Rei Ine de Wessex.