Bolboreta (natación)
estilo de natación / From Wikipedia, the free encyclopedia
O estilo bolboreta é un estilo natatorio, unha variación do estilo peito ou estilo braza na que ambos os brazos se levan xuntos á fronte, por enriba da auga, e logo cara a atrás ao mesmo tempo. O movemento dos brazos é continuo e sempre vai acompañado dun movemento ondulante das cadeiras, o cal nace ao levar cara a abaixo a cabeza no momento de entrar na auga, e culmina coa patada, chamada golfiño, e un movemento descendente e brusco dos pés xuntos. A invención do estilo bolboreta moderno é acreditada ó nadador xaponñes Jiro Nagasawa[1].
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |