Björn Borg
tenista profesional sueco / From Wikipedia, the free encyclopedia
Björn Rune Borg, ([bjœːɳ bɔrj]), nado en Estocolmo o 6 de xuño de 1956[1] é un ex-tenista sueco que brillou na historia do deporte durante a súa época de xogador, entre 1973 e 1981, logrando 96 torneos (64 da ATP), entre eles 5 Wimbledon, 6 Roland Garros e 2 Masters antes de retirarse aos 26 anos de idade. Está considerado como un dos mellores tenistas masculinos da historia do tenis.[2][3][4][5][6][7][8] En 2014 unha enquisa do xornal Dagens Nyheteher escolleuno como o mellor deportista sueco da historia por diante do futbolista Zlatan Ibrahimovic.[9]
(2014) | |||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1956 (67 anos) Estocolmo, Suecia | ||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||
Residencia | Estocolmo Mónaco Monte Carlo | ||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Suecia | ||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||
Lateralidade | destro | ||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||
Ocupación | tenista (1973–1983), tenista | ||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1973 - 1993 | ||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua sueca | ||||||||||||||||||||
Patrimonio estimado | 3.655.751 $ | ||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Suecia | ||||||||||||||||||||
Deporte | tenis | ||||||||||||||||||||
Disciplina deportiva | tenis individual tenis dobres | ||||||||||||||||||||
Man de xogo | destro | ||||||||||||||||||||
Adestrador | Lennart Bergelin (en) | ||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Loredana Bertè (1989–1993) Mariana Simionescu (1980–1984) | ||||||||||||||||||||
Parella | Jannike Björling (en) (1985–1988) Helena Anliot (en) | ||||||||||||||||||||
Fillos | Leo Borg () Robin Borg (pt) () | ||||||||||||||||||||
Premios
| |||||||||||||||||||||
Cos seus once títulos de Grand Slam e 16 finais, ocupa o cuarto e quinto posto nos respectivos historiais da Era Open. Foi campión do Torneo de Roland Garros de 1974, 1975, 1978, 1979, 1980 e 1981, e do Campionato de Wimbledon de 1976, 1977, 1978, 1979 e 1980. Tamén foi finalista de catro edicións do Aberto dos Estados Unidos e unha vez do Aberto de Australia. Obtivo tamén 15 títulos de masters, o que o coloca oitavo no historial. Gañou o Masters Grand Prix de 1979 e 1980 e a final de WCT de 1976, acumulando un total de dez finais de temporada disputadas. En total, durante a súa carreira gañou 64 torneos ATP, (11 Grand Slam, 3 finais de temporada, 15 masters, 17 torneos medianos e 18 menores). Gañou ademais 45 partidos da Copa Davis coa selección sueca, e obtivo o título en 1975.
Borg ocupou o posto número 1 da clasificación ATP en seis períodos diferentes entre 1977 e 1981, totalizando 109 semanas. Situouse primeiro na clasificación final de 1979 e 1980, segundo en 1976, 1978 e 1981, e terceiro en 1974, 1975 e 1977. Foi nomeado "Tenista do Ano" pola ATP en 1976, 1977, 1978, 1979 e 1980, e foi número un anual de "World Tennis" en 1978, 1979 e 1980.
Destaca por conquistar os torneos de Roland Garros e Wimbledon, considerada como "a dupla máis difícil de realizar no tenis",[10] durante tres anos consecutivos, un récord sen superar.[2]
En 1978 e en 1980 gañou o Torneo de Roland Garros sen perder ningún set en todo o torneo.[11]