Biótopo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O biótopo (do grego βίος - bios = vida + τόπoς = lugar, ou sexa, lugar onde se encontra vida) é o espazo físico, natural e limitado onde habita unha determinada biocenose ou comunidade. Trátase dunha unidade ambiental ocupada por organismos de diversas especies que posúen un hábitat relativamente uniforme. A noción de biótopo foi creada polo zoólogo alemán Ernst Haeckel (1834-1919) e exposta no seu libro General Morphology (1866). Este concepto tamén serve para determinar unha área ou tipo de área que, dende o punto de vista ecolóxico, posúe características semellantes.