Bianditz
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bianditz é un monte que se atopa en Lesaka, a carón dos Pireneos e preto do porto de Aritxulegi. Aínda que se atopa en Navarra, limita con Guipúscoa e accédese máis doadamente dende este territorio. É un destino moi popular para os practicantes de sendeirismo. Dende o seu cumio pódese albiscar Baztan, Donostia e o mar Cantábrico.
Datos rápidos Localización administrativa, Localización ...
Bianditz | |
---|---|
Cumio de Bianditz. | |
Localización administrativa | |
Localización | |
Características xerais | |
Altitude | 840 m |
Pechar
O monte está cuberto por grandes prados e nel pódense observar restos megalíticos.