Bernadette Soubirous
relixiosa francesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Marie-Bernarde "Bernadette" Soubirous (beʁnadet subiʁus|), en occitano gascón Maria-Bernarda "Bernardeta" Sobirós, tamén coñecida como Bernadette de Lourdes, nada en Lourdes o 7 de xaneiro de 1844 e finada en Nevers o 16 de abril de 1879, foi unha pastora, mística e relixiosa francesa, canonizada pola Igrexa católica en 1933. A súa festividade celébrase o 16 de abril, aniversario da súa morte. O seu corpo permanece incorrupto en Nevers.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (fr) Bernadette Soubirous ii |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 7 de xaneiro de 1844 Lourdes (Monarquía de Xullo) |
Morte | 16 de abril de 1879 (35 anos) Nevers, Francia |
Causa da morte | tuberculose |
Lugar de sepultura | Nièvre |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | monxa |
Lingua | Lingua francesa |
Orde relixiosa | Irmãs da Caridade de Nevers (pt) |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 16 de abril |
Pechar
Unha serie de dezaoito aparicións marianas que Soubirous afirmou que tivo en 1858 en Lourdes, e os milagres que as sucederon, terminaron por conferirlle fama mundial xa no momento da súa morte.