Bandeira de Etiopía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A versión actual da bandeira de Etiopía foi adoptada o 6 de febreiro de 1996, aínda que a súa forma final estaba regulada por decreto dende 1986.
- O artigo 3. 1 da Constitución de Etiopía establece a forma da bandeira do estado (verde, amarelo e vermello sen máis precisións).
- O artigo 3. 2 establece que o emblema debe reflectir a igualdade das nacións, nacionalidades, pobos e relixións en Etiopía e a súa aspiración a vivir xuntos.
- O artigo 3. 3 establece que cada estado membro da Federación terá a súa propia bandeira e emblema; os detalles particulares os establecerán os seus respectivos parlamentos.
- a bandeira nacional regulouse de acordo coa proclamación 16/1996 do 6 de febreiro de 1996 que tamén estableceu o escudo. Esta proclamación entrou en vigor o mesmo día.