Bandeira de Acerbaixán
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira de Acerbaixán (en azarí: Azərbaycan bayrağı) é a bandeira nacional de Acerbaixán. Consiste en tres franxas horizontais de igual tamaño, sendo azul a superior, vermella a central e verde a inferior. No centro da faixa vermella, aparecen unha lúa crecente branca e unha estrela de oito puntas tamén de cor branca.
Bandeira de Acerbaixán | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 9 de novembro de 1918 |
Cores | azul vermello verde branco |
A cor azul representa a herdanza túrquica, a vermella a modernización da sociedade e o progreso, e a verde ao islam.[1] As cores oficiais e o tamaño foron adoptados oficialmente o 5 de febreiro de 1991. Dende entón a bandeira é mencionada na Constitución e dúas veces no himno nacional. A bandeira é usada en terra, como civil, estatal e de guerra; no mar, como civil, estatal, naval e de guerra. O 17 de novembro de 2009, por decreto presidencial, o 9 de novembro foi declarado Día da Bandeira Nacional.