Ballet de l'Opéra National de Paris
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ballet de l'Opèra National de Paris (en galego: Ballet da Ópera Nacional de París) é unha compañía de ballet da cidade de París (Francia). Trátase da compañía de ballet nacional máis antiga do mundo, e moitas compañías de ballet europeas e internacionais poden remontar as súas orixes a el. Sempre foi unha parte integral da Opèra de Paris, que foi fundada en 1669 como a Académie d'Opéra (Academia da Ópera), aínda que a danza teatral non se converteu nun compoñente importante da Opèra de Paris ata 1673, logo de que fora renomeada como Académie Royale de Musique (Academia Real de Música) e posta baixo a dirección de Jean-Baptiste Lully.[1][2] A Opèra de Paris tivo diferentes nomes oficiais ao longo da súa historia, mais dende 1994 é chamada Opéra National de Paris (Ópera Nacional de París). A principal sede da compañía é o Palais Garnier.[3]