Bakú
capital e maior cidade do Acerbaixán / From Wikipedia, the free encyclopedia
Bakú[1] ou Bacú[2][3] (Bakı en azarí) é a capital e a maior cidade do Acerbaixán. Localízase nas marxes do mar Caspio. Ten preto de 2 374 000 habitantes (2015).
Bakı (az) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Acerbaixán | ||||
Capital de | Acerbaixán (1991–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.300.500 (2021) (1.075 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua azerí | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.140 km² | ||||
Bañado por | Mar Caspio | ||||
Altitude | −28 m | ||||
Creación | século I | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Eldar Azizov (pt) (2018–) | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2019–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | AZ1000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 12 | ||||
ISO 3166-2 | AZ-BA | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Kíiv (1997–) | ||||
Páxina web | baku-ih.gov.az |
Coñeceu un gran desenvolvemento no treito final do século XIX grazas á industria petrolífera. A súa conquista foi o grande obxectivo da campaña alemá no Cáucaso durante a segunda guerra mundial. Ata ao desenvolvemento da exploración de hidrocarburos na Siberia foi o principal centro petrolífero da Unión Soviética. Despois da independencia de Acerbaixán a cidade sufriu o impacto indirecto máis negativo da guerra do Alto Karabakh, volvendo a se recuperar lentamente. A abertura próxima do oleoduto Bakú-Ceyhan ten criado moitas esperanzas dun renacemento quer de Bakú quer de Acerbaixán na súa totalidade.