Baía de Kiel
From Wikipedia, the free encyclopedia
A baía de Kiel é unha baía no suroeste do mar Báltico no territorio alemán de Schleswig-Holstein e as illas de Dinamarca. Está conectada coa baía de Mecklenburg no leste e os estreitos coñecidos como Pequeno Belt, no noroeste, e o Gran Belt no norte. O tráfico marítimo que entra ou sae do Báltico, a través dos dous estreitos ten que pasar pola baía. Unha vez dentro, o tráfico do Báltico pasa por outro estreito, o de Fehmarn, na baía de Mecklenburg, que se abre ao Báltico. Na dirección contraria, o tráfico pode pasar cara ao norte a través do Gran Belt, abeirando Langeland, ou entrar no fiorde de Kiel para atravesar a canle de Kiel directamente para a foz do Elba e o mar do Norte. O fiorde de Kiel finaliza en Kiel, a capital de Schleswig-Holstein.