Baía de James
From Wikipedia, the free encyclopedia
A baía de James (francés: Baie James, cree: Wînipekw) é un gran corpo de auga no extremo sur da baía de Hudson no Canadá. Os dous corpos de auga esténdense desde o océano Ártico, dos cales a baía de James é a parte máis meridional. Limita coas provincias do Quebec e Ontario. As illas dentro da baía (a máis grande das cales é Akimiski son parte do territorio de Nunavut.
Baía de James | |
---|---|
James Bay - Baie James - Wînipekw | |
Localización administrativa | |
Estado | Canadá |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Ártico |
Continente | América |
Xeografía | |
Illas interiores | Illas Akimiski (3.001 km²), Charlton (308 km²), North Twin (157 km²), Twin Meridional e illas Strutton e illas Cabo Hope |
Afluentes | Eastmain (800 km), Rupert (763 km) e Harricana (533 km) (QC) Moose-Missinaibi (755 km), Albany (980 km), Attawapiskat (750 km) e Ekwan (500 km) (ON) |
Características | |
Lonxitude máxima | 400 |
Anchura máxima | 230 |
Mapa | |
Localización da baía de James, ao fondo da baía de Hudson | |
Mapa da baía | |
Numerosos cursos de auga da baía de James foron modificados con presas ou desvíos por varios grandes proxectos hidroeléctricos. Estas vías navegables tamén son destinos de recreo. Varias comunidades están localizadas preto ou xunto a baía James, incluíndo unha serie de comunidades aborixes, como a Kashechewan First Nation e nove comunidades afiliadas aos Cree do norte do Quebec.
Do mesmo xeito que o resto da baía Hudson, as augas da baía James rutineiramente se conxelan durante o inverno. É o último en conxelarse no inverno e, en cambio, o primeiro en desconxelarse no verán.