BAE Systems Hawk
From Wikipedia, the free encyclopedia
O BAE Systems Hawk é un adestrador avanzado a reacción británico monomotor. Voou por vez primeira en Dunsfold, Surrey, o 21 de agosto de 1974 como o Hawker Siddeley Hawk, e posteriormente foi fabricado polas súas compañías sucesoras, British Aerospace e BAE Systems. Ademais de ser usado como adestrador tamén é utilizado como avión de combate de baixo custo.
Datos rápidos Tipo, Fabricante ...
BAE Systems Hawk | |
---|---|
Tipo | adestrador avanzado |
Fabricante | Hawker Siddeley (1974-1977) British Aerospace (1977-1999) División MAI de BAE Systems MAI (1999-presente) |
Primeiro voo | 21 de agosto de 1974 |
Introducido | 1976 |
Estado | en servizo |
Principais usuarios | Royal Air Force Forza Aérea da India Forza Aérea de Finlandia Real Forza Aérea de Australia |
Produción | 1974 - presente |
Unidades construídas | máis de 1 000 |
Pechar
Entre os operadores do Hawk atópanse a Royal Air Force (destacando o seu uso por parte do seu equipo acrobático, os Red Arrows) e un número considerable de operdores militares estranxeiros. O Hawk aínda se fabrica no Reino Unido e baixo licenza na India por Hindustan Aeronautics Limited (HAL), con máis de 900 aparellos vendidos a 18 operadores de todo o mundo.