Ayumi Hamasaki
cantante e compositora xaponesa de J-Pop / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ayumi Hamasaki (浜崎あゆみ, Hamasaki Ayumi), nada en Fukuoka o 2 de outubro de 1978, é unha cantante e compositora xaponesa de J-Pop. O seu nome real en kanji é 濱崎 歩(Hamasaki Ayumi). Entre os seus álbums e singles, Ayu (あゆ), como é coñecida entre os seus fans o redor do mundo, logrou vender máis de 50 millóns de copias, consolidándose así como a terceira muller solista que máis discos vendeu na historia do Xapón, que é o segundo maior mercado musical, tras Estados Unidos.
Nome orixinal | (ja) 浜崎あゆみ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ja) 濱﨑 歩 2 de outubro de 1978 (45 anos) Fukuoka, Xapón |
Datos persoais | |
Residencia | Toquio |
País de nacionalidade | Xapón |
Educación | Horikoshi High School (en) |
Altura | 157 cm |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía e Composición musical |
Ocupación | seiyū , bailarina , artista de performance , portavoz , emprendedora , escritora , produtora musical , actriz de cinema , modelo , cantautora , letrista |
Período de actividade | 1993 - |
Xénero artístico | J-Pop, música pop, música para bailar, música electrónica e música rock |
Pseudónimo literario | 浜崎くるみ CREA Ayumi Hamasaki 浜﨑あゆみ ayu |
Lingua | Lingua xaponesa |
Representante | Sun Music Production (en) e Avex Management (en) |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Avex trax Nippon Columbia (pt) |
Compañeiro profesional | Max Matsuura |
Premios
| |
Páxina web | avex.jp… |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
No ano 2006, co lanzamento do seu single nº39, "Startin'/Born to be...”, Ayumi Hamasaki converteuse na cantante feminina con máis números un dentro do Xapón en toda a súa historia, e tamén na artista con máis singles dentro do Top 10 das listas, superando a Seiko Matsuda, que antes tivo este trono. Tamén é a artista con máis singles vendidos na historia do Xapón (aproximadamente 20 millóns de copias vendidas dende o seu debut en 1998).