Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) é organismo público español responsable da supervisión, o asesoramento, a concienciación e a formación dirixidas a entidades públicas e privadas para a adecuada implementación de toda a normativa nacional e europea en torno ao adecuado uso e desenvolvemento dos sistemas de intelixencia artificial, máis concretamente, dos algoritmos. Ademais, a Axencia ten funcións inspectoras e de comprobación, sanción e demais que lle atribúa a normativa europea que lle resulte de aplicación e, en especial, en materia de intelixencia artificial.[1]
AESIA | |
---|---|
A Terraza, sede da AESIA | |
Información xeral | |
Sede central | A Coruña, Galiza |
Orzamento | 5 millóns de euros para a creación da Axencia Estatal (1 millón de € en 2023) |
Así, o obxecto último deste organismo é a minimización dos riscos que pode supoñer o uso desta nova tecnoloxía, o adecuado desenvolvemento e potenciación dos sistemas de intelixencia artificial. No ámbito da competencia estatal, exercerá as funcións de autoridade responsable da supervisión, e no seu caso sanción, dos sistemas de intelixencia artificial co obxecto de eliminar ou reducir os riscos para a integridade, a intimidade, a igualdade de trato e a non discriminación, en particular entre mulleres e homes, e demais dereitos fundamentais que poden verse afectados polo mal uso dos sistemas.[1]
A AESIA circunscríbese ao marco lexislativo da Unión Europea. O 14 de xuño de 2023 aprobouse no Parlamento europeo a denominada IA Act, normativa que pretende fomentar a adopción dunha IA centrada no ser humano e fiable e protexer a saúde, a seguridade, os dereitos fundamentais e a democracia dos seus efectos nocivos".[2]
Depende do Ministerio de Transformación Dixital. A AESIA ten a súa sede no palacete da Terraza, na Coruña.