Avión (medio de transporte)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Avión (do francés avion, e este como forma aumentativa do latín avis, ave), tamén denominado aeroplano, é un aerodino de á fixa, ou aeronave máis pesada có aire, provisto de ás e un corpo de carga capaz de voar, propulsado sempre por un ou máis motores. Os aeroplanos inclúen aos monoplanos, biplanos e triplanos.
No caso de non ter motor trataríase dun planador e no caso dos que superan a velocidade do son denomínanse avións supersónicos.
Adoitan clasificarse en avións civís (que poden ser de carga, transporte de pasaxeiros, adestramento, sanitarios, contra incendios etc.) e avións militares (carga, transporte de tropas, cazas, bombardeiros, de recoñecemento ou de espreita, de reabastecemento en voo etc.).
O seu principio de funcionamento baséase na forza aerodinámica que actúa sobre as ás, facendo que a mesma produza unha sustentación. Esta orixínase na diferenza de presións entre a parte superior e inferior da á, producida pola súa forma especial.