Avea común
especie de planta / From Wikipedia, the free encyclopedia
A avea común (Avena sativa) é unha especie botánica pertencente á familia das poáceas, tamén é coñecida coma avea branca ou simplemente avea. Os grans e os flocos de avea son aptos para o consumo humano. Tamén se cultiva para alimento do gando coma pasto ou forraxe. Entre os anos 1998 e 2007 o principal destino da avea foi a alimentación animal que levou o 71,4% da produción mundial, o consumo humano levou o 13,2%, e a reserva de semente totalizou o 12,7%. O 2,7% restante corresponde a perdas e outros usos[1].
Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Avea común | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Avena sativa L. |
Pechar
Esta planta ten un caule de 50-100 cm de altura e as follas son alternadas, lanceoladas e planas. Ten unha panícula con espigas duns 2 cm de largura. O froito é o cereal utilizado en todo o mundo como alimento.