Autódromo José Carlos Pace
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Autódromo José Carlos Pace é un autódromo localizado nos suburbios de São Paulo, Brasil, que é sede do Gran Premio do Brasil de Fórmula 1. Coñéceselle popularmente co seu antigo nome, Interlagos. De feito, a zona que rodea ao autódromo tamén leva o nome de Interlagos, en alusión ao mesmo.
Autódromo José Carlos Pace | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Inauguración | 12 de maio de 1942 |
|Autódromo de Interlagos (1940–1985) | |
Carreiras | F1, Mil Milhas Brasil, Stock Car Brasil, Fórmula Truck, TC 2000 |
Localización | São Paulo, Brasil |
Coordenadas | |
Capacidade | 60.000 espectadores |
Circuíto actual (2000 - presente) | |
Lonxitude | 4´309 km |
Curvas | 15 |
Volta rápida (2018) | 1:10.540 |
Piloto récord | Valtteri Bottas |
Escudería récord | Mercedes AMG F1 W09 EQ Power+ |
4ª variante (1997–1999) | |
Lonxitude | 4´292 km. |
Curvas | 15 |
Volta rápida (1997) | 1:18.397 |
Piloto récord | {CANb}} Jacques Villeneuve |
Escudería récord | Williams-Renault FW19 |
3ª variante (1990–1996) | |
Lonxitude | 4´325 km. |
Curvas | 15 |
Volta rápida (1994) | 1:18.455 |
Piloto récord | {ALEb}} Michael Schumacher |
Escudería récord | Benetton-Ford B194 |
2ª variante (1979–1989) | |
Lonxitude | 7´87385 |
Curvas | 26 |
Volta rápida (1980) | 2:27.31 |
Piloto récord | René Arnoux |
Escudería récord | Renault RE20 |
circuíto orixinal (1940-1978) | |
Lonxitude | 7´960 km. |
Curvas | 26 |
Volta rápida (1975) | 2:34.16 |
Piloto récord | Jean-Pierre Jarier |
Escudería récord | Shadow-Ford DN5 |
Vista do Circuíto | |
O nome tradicional do circuíto, provén do feito de que a pista foi construída nunha rexión entre dous grandes lagos artificiais, o Guarapiranga e o Billings, que foron deseñados a principios do Século XX para abastecer á cidade con auga potable e enerxía eléctrica. Nos 70, o autódromo foi rebautizado como José Carlos Pace en honra ao entón recentemente falecido piloto de Fórmula 1. Existe unha pista de karts no interior do circuíto principal, que leva o nome de Ayrton Senna.
O trazado caracterízase por ser un dos poucos, fóra dos Estados Unidos, nos cales compítese en dirección contraria ás agullas do reloxo. Por esta razón, adóitaselle situar no calendario da máxima categoría cerca do Gran Premio de San Marino, para que os pilotos se aclimaten con maior facilidade, aínda que nestes últimos anos non foi así. (No Autódromo Enzo e Dino Ferrari tamén se disputan as carreiras neste sentido).
As instalacións e a organización xeral en Interlagos foron criticadas con frecuencia. Un dos últimos episodios que suscitou tales críticas deuse nas probas clasificatorias do 2000, cando as sesións deberon deterse tres veces debido a que había carteis publicitarios espallados pola pista.
O trazado tamén foi obxectado pola existencia de montículos, que afectan notablemente o rendemento de máquinas e pilotos, principalmente na primeira curva. A pesar dos esforzos dos organizadores para aplanar o asfalto, os pilotos seguíronse queixando nas últimas tempadas.
Con todo o Gran Premio do Brasil é unha carreira fascinante, e foi testemuña de grandes batallas nos últimos anos, por exemplo o adiantamento de Montoya a Schumacher na curva 1 e de igual forma a pasada do propio Schumacher a Räikkönen na tempada 2006 no mesmo punto, a cal veu ser a última gran manobra na F1 do As alemán. A tempada 2007 decidiuse con tres pilotos loitando polo título: Fernando Alonso e Lewis Hamilton, de McLaren, e Kimi Räikkönen, de Ferrari; con vitoria final da carreira e do campionato para o piloto finlandés, quen dúas carreiras antes deste último gran premio estaba a 17 puntos do líder e chegou ao Gran Premio do Brasil con 7 puntos menos que o inglés e 3 puntos menos que o español.