Atol Mururoa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mururoa, tamén chamado Moruroa, é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente depende da comuna de Tureia, pero foi cedido pola Asemblea Territorial ao Centro de Experimentación do Pacífico, xunto co atol Fangataufa, para facer probas nucleares. É unha zona militar con acceso prohibido sen autorización. Está situado ao sur do arquipélago, a 1.250 km ao sueste de Tahití.
Máis información Mururoa, Datos ...
Mururoa | |
---|---|
Datos | |
País | Francia |
Illa principal | |
Linguas | |
Poboación (2009) | Non permanente |
Superficie | 15 km² |
Superficie lagoa | 148 km² |
Nº de illas | >30 |
Coordenadas | 21°50′S 138°55′O |
Maior Altura | |
Localización | |
Pechar