Atol Enewetak
From Wikipedia, the free encyclopedia
Enewetak (ou Eniwetok) é un atol das Illas Marshall situado no océano Pacífico. Componse de 40 illotes cunha área de 5,85 km² e unha lagoa interior de 80 km de circunferencia. En 1999 a poboación ascendía a 820 persoas.
Máis información Enewetak, Datos ...
Enewetak | |
---|---|
Datos | |
País | Illas Marshall |
Illa principal | Eniwetok |
Linguas | |
Poboación (2003) | 167 hab. |
Superficie | 6 km² |
Superficie lagoa | 1.004´89 km² |
Nº de illas | 40 |
Coordenadas | 11°30′N 162°20′L |
Maior Altura | |
Localización | |
Pechar
Forma un distrito lexislativo da Cadea Ralik nas Illas Marshall. É o segundo atol máis occidental da cadea Ralik, e atópase a 305 km ao oeste de atol Bikini. O goberno dos Estados Unidos chamou ao atol "Eniwetok" ata 1974, cando cambiou a súa denominación oficial a "Enewetak" (xunto con moitos outros nomes locais das illas Marshall) para reflectir máis adecuadamente a súa pronunciación correcta.