Atletismo masculino nos Xogos Olímpicos de Londres 2012
From Wikipedia, the free encyclopedia
As probas masculinas de atletismo nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 comezarán o venres 3 de agosto con 4 probas de lanzamentos e carreiras de obstáculos, e rematarán o domingo 12 de agosto co maratón. Das 24 probas que se disputarán, 21 terán lugar no Estadio Olímpico de Londres, de nova construción, que ten unha capacidade para acoller a 80.000 persoas. As restantes 3 probas, de longa distancia (20 km marcha, 50 km marcha e maratón) percorrerán o chamado The Mall, composto polas rúas que conectan o Palacio de Buckingham con Trafalgar Square.